Content Preview: rss
967 days ago
"O centralismo delirante, borbónico, que vén do século XVIII, xa non serve" Javier Alfaya naceu en Baiona (1939) pero é un deses galegos de fóra. Membro do PCE durante o franquismo, e logo de IU, ten unha cumprida traxectoria profesional como xornalista . Redactor das revistas Triunfo, Mundo Obrero ou La Calle, foi colaborador de El País, Letra Internacional, Cuadernos para el Diálogo e Revista de Occidente, hoxe é colaborador de Le Monde Diplomatique. Galego de fóra e internacionalista convencido, Javier Alfaya fala dende a experiencia profesional e política que dan os anos e o temperado fracaso da utopía. En Compostela, convidado polo Club Internacional de Prensa, reflexiona sobre a cultura en tempos de globalización, advirte de que Iraq non vai ser o derradeiro troupeleo dun Imperio que se esboroa e aproveita a estadía no país para apertar os amigos. A Xosé Manuel Beiras e a Isaac Díaz Pardo saúdaos en galego, aínda que logo se pase ao castelán para a ...
967 days ago
Un informe do Pentágono recoñece que Sadam non tiña relación con Al Qaeda Un informe de 120 páxinas elaborado polo propio Pentágono recoñece que non hai probas para establecer ligazóns entre o réxime de Sadam Hussein e a organización Al Qaeda . A conclusión é o resultado dos interrogatorios ao ex lider iraquí e dos numerosos documentos oficiais estudados logo da invasión. O relatorio foi feito público grazas ás xestións do senador demócrata Carl M. Levin, presidente do comité dos Servizos Armados do Senado. Hai que lembrar que o goberno Bush sinalou, pouco antes de comezar a ocupación de Iraq, que había probas dunha relación directa entre os terroristas islámicos de Al Qaeda e o goberno de Sadam. Tamén sinalaba que Iraq posuía armas de destrución masiva, algo que co tempo se revelou falso .
981 days ago
Boas xente! Levo xa unha boa tempada sen pasar por aquí. O caso é que estou sen computador e ando liado pola semana, de xeito que non teño tempo de atender a todo. Seguirei sen pasar moito por aquí nunha tempada e/ou reducirei o número de artigos... Agora traslado a miña principal actividade la Blogoteca: Sempre en Galiza
992 days ago
Flandres insiste en que o neerlandés debe seguir sendo a lingua principal nas escolas "O primeiro é que os alumnos coñezan perfectamente a súa lingua materna", indicou o presidente do goberno flamengo, ao rexeitar a creación de escolas bilingües . A lingua flamenga seguirá sendo a principal nas escolas de Flandres se non hai cambios na correlación actual de forzas en Bélxica. A maioría de formacións políticas de Flandres rexeitaron a proposta do Partido Socialista, maioritario en Valonia, para que se promovesen escolas bilingües, con igual peso para o francés e o neerlandés . A iniciativa propón que as primeiras escolas dese tipo se estabelecesen ao longo da fronteira lingüística entre as dúas áreas do Estado belga e que inclúan alumnos e profesorado a partes iguais de cada unha das comunidades. Dende o proceso de federalización iniciado na década dos 80, as dúas comunidades lingüísticas belgas, a flamenga e a francófona, administran cada un pola súa conta o ...
1002 days ago
As tres universidades galegas elaboran un detallado mapa dos fusilamentos da Guerra Civil As tres universidades galegas emprenderon un estudo conxunto, pioneiro en España pola súa metodoloxía, para elaborar un mapa cos nomes das vítimas e lugares dos fusilamentos entre o 1936 e o 1939 e reunir as voces de 300 represaliados ou familiares que estará rematado no 2007 . O coordinador do estudo para a provincia de Ourense, Xulio Prada, explicou a EFE que o proxecto é "moi ambicioso" e o mapa non estará elaborado a mediados do ano 2007, como se prevía, "xa que a intención é recoller 300 testemuños en toda Galiza e entrar en tódalas causas militares arquivadas en Ferrol" . En relación aos fusilados en Galiza, Prada indicou que hai disparidade de cifras que oscilan entre 4.500 e 10.000 persoas "debido á dificultade do concepto de vítima, xa que inclúe contar, por exemplo, a un asturiano que foi fusilado en Ourense, pero tamén aos galegos ...



