Content Preview: rss
3 days ago
O VI DIA DO ORGULLO GAITEIRO celebrarase os dias 11 e 12 de Decembro de 2009 , (o dia 11 no edificio de Ferro da Universidade e o 12 no auditorio de Ourense) Este ano conta coa presencia de DOROTHÉ SCHUBARTH , a cal xunto con ANTÓN SANTAMARINA impartirán unha conferencia no edifico de Ferro o dia 11 de decembro e o Sábado 12 recibirán unha homenaxe xunto o gaiteiro FAUSTINO LUIS SEOANE , gaiteiro do Canizo - AGudiña. Este mesmo día actuarán XAVIER BLANCO e nós, as pandereteiras OS MUÍÑOS DE OLIVEIRA. O rematar, as 22:30 hai CEA - FESTA , no local de Aixiña,(xunto o Paco Paz) Precio 20€ - (15€ para alumnos da AOFT): Para reservar chamar a 654173524 Gonzalo ou 658370849 Fernando ou no correo gabelairas@yahoo.es
32 days ago
O vindeiro domingo , 8 de novembro , celébrase o Magosto na Casa Cultural da AC Os Muíños de Olivera . A partir das 18:00h haberá castañas, viño e chourizos para todos os asistentes. As Pandereteiras participaremos animando a festa xunto co GBMT da Asociación. Vémonos alí.
92 days ago
No Festival Folclórico do Condado , o domingo 13 de setembro na Praza Maior en Ponteareas . O pasarrúas comezará ás 17h. Acompañaremos ó GB Os Muíños de Oliveira e logo faremos unha intervención en solitario. Alí vos esperamos.
134 days ago
As novas citas para vernos tanto ás Pandereteiras , coma ó GBMT da AC Os Muíños de Oliveira , son ás seguintes: 2 de Agosto (domingo): en Crecente . 16 de Agosto (domingo): en Crecente . 30 de Agosto (domingo): Festa do Viño, en Salvaterra de Miño .
134 days ago
O sábado 18 de xullo participamos no Festival de Covas (Viveiro). Foi unha tarde agradable e unha experiencia a repetir. Graciñas, lugueses, por recibirnos tan ben e a Rodrigo por invitarnos. Saúdos a todos.



