My MSN

Click OK to add this content

 
Content Preview: rss
-+XXIII DÍA DA MUIÑEIRA DE ARTEIXO
180 days ago
O vindeiro día 14 de Xuño as 18:00h terá lugar na Avenida do Balneario o XXIII Día da Muiñeira organizado pola A.X. Xiradela. Podedes descargar tanto as bases como a folla de inscripción se estades interesados en acudir.   Un saúdo   Bases Día Muiñeira.pdf                                Folla Inscripción.pdf
-+Premios acadados por "Repenicoque" e "Tarabela"
180 days ago
O grupo "Repenicoque" da A.X. Xiradela ven de participar en dous concursos de baile celebrados en Cornellat de LLobregat e en A Estrada, acadando os seguintes premios: 3ºPremio no IX Concurso da Federacion de Entidades Galegas de Catalunya, celebrado o día 17 de Maio en Cornellá de Llobregat. 3ºPremio no Concurso de Baile Tradicional organizado por "Tequexetéldere", celebrado o día 24 de Maio en A Estrada. No mesmo concurso celebrado en Cornellá de Llobregat participou o grupo de pandereteiras da A.X. Xiradela  "Tarabela" que acadou un: 2ºPremio no IX Concurso da Federacion de Entidades Galegas de Catalunya   Noraboa!!!!
-+X CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA
277 days ago
X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL   GRUPOS DE PANDERETEIRAS CUARTETOS DE GAITAS GAITEIROS SOLISTAS   BASES   1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.   2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).   3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:   CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante. Nas modalidades de cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas, haberá unha soa categoría sen límite de idade. ...
-+MAGOSTO EN XIRADELA
379 days ago
Estades todos invitados á festa do Magosto que se celebrará en Xiradela o día 15 de Novembro ás 19:00h . Haberá castañas e o Sing-Star para todos. ¡NON FALTEDES!
-+4ª Ruada. A.X. Xiradela (18 de Outubro - 23:00h)
418 days ago
Como todos estes anos o vindeiro 18 de Outubro a partir das 23:00h celebramos a 4ª Ruada ó carón do centro cívico de Arteixo. Esperamos a vosa visita.
© 2009 MicrosoftMicrosoft